Actividade Deportiva Escolar

Esta moalidade comtempla os xogos deportivos en idade escolar da Comunidade Autónoma de Galicia. Trátase da única modalidade de XOGADE incluída no Plan Proxecta.

A Secretaría Xeral para o Deporte, a través dos servizos provinciais, organizará a actividade correspondente a cada unha das modalidades en función do número de inscritos, adaptándose en cada provincia ás necesidades e posibilidades organizativas de cada servizo. Para a organización desta actividade contarán coa colaboración das agrupacións deportivas de zona podendo tamén contar cos clubs, concellos ou calquera outra entidade pública ou privada que desde a Secretaría Xeral e os servizos provinciais se estime conveniente.

Para a participación nesta actividade a Secretaría Xeralpara o Deporte proverá a todos os escolares dun seguro de accidente deportivo gratuíto durante o período de duración da mesma. Así mesmo facilitará un servizo de transporte gratuíto nos casos nos que o servizo correspondente o estime necesario, previa solicitude da entidade participante. A participación na actividade deportiva escolar será totalmente de balde, por tanto non poderá estar suxeita a ningunha cota de inscrición ou similar.

Vai dirixida aos centros de ensino, ANPAs, clubs, escolas deportivas municipais, agrupacións deportivas, asociacións, etc., da Comunidade Autónoma de Galicia que o desexen.
Contempla as seguintes modalidades, cada una delas coa súa propia normativa específica:
  • Atletismo en pista
  • Bádminton
  • Baloncesto
  • Balonmán
  • Béisbol e Sóftbol
  • Campo a Través
  • Duatlón
  • Fútbol sala
  • Orientación
  • Patinaxe Artística
  • Tenis de mesa
  • Voleibol
  • Xadrez
  • Xogando co atletismo