Móvete+

Móvete+ é unha proposta para toda a comunidade do centro educativo. Trátase de promover a actividade física a través dunha acción de carácter lúdico, transversal, divertida e ao mesmo tempo sumar máis cantidade de exercicio físico para achegarnos ao que recomenda a Organización Mundial da Saúde.

Móvete+ é o novo himno do Plan Galicia Saudable que ten como obxectivo difundir entre a comunidade educativa e, por extensión, á sociedade galega, os principais valores do Plan Galicia Saudable.

A través dunha coreografía, música e letra orixinal, e a súa implantación nas clases de EF, Música, nos tempos de lecer, nos cambios de clase etc., Móvete+ busca difundir a necesidade de adquirir hábitos de vida activa orientada ao mantemento e a mellora da saúde, e á prevención de enfermidades crónicas non transmisibles (ECNT).

Obxectivos
  • Incrementar a participación en diferentes actividades físico-deportivas nas poboacións escolares.
  • Manter o mellorar o estado de saúde a través da adquisición de hábitos de vida activos e saudables.
  • Dotar ao alumnado de competencia motriz que lle permita adaptarse a varias situacións da práctica non só lúdica e deportiva senón tamén da súa vida diaria.
  • Sensibilizar a comunidade educativa sobre a problemática do sedentarismo e os seus problemas derivados (sobrepeso, obesidade e incremento de ECNT).