Protocolos de Valoración

Os protocolos de valoración da condición física saudable contemplados en DAFIS pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que, demostrado cientificamente, gardan relación coa saúde e permiten coñecer en que estado físico se atopa a persoa para decidir cales son os aspectos que precisan mellorar e cales non. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguimento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades.