A milla didáctica

A nosa particular milla diaria non deixa de ser unha auténtica aula da natureza. A milla didáctica achegará ao noso alumnado a un coñecemento implícito no propio percorrido. Coñecerán aspectos relacionados coa fauna e coa vexetación, tanto autóctona como invasora, aprenderán a recoñecer os signos que a natureza nos ofrece para poder orientarnos, descubrirán elementos que evidencian o paso do tempo e a intervención do ser humano, achegaranse á cultura e á tradición que a milla da curuxa deixa ao seu paso, en definitiva, o Monte dos Remedios converterase nunha fonte de coñecemento cun enorme valor educativo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario