O Percorrido

A pesares de que a iniciativa da milla diaria que naceu no colexio de San Ninian en Stirling, Escocia, practícase no recinto escolar dando voltas ao patio, o CEIP Plurilingüe de Tirán quixo ir un paso máis alá aproveitando a fabulosa contorna natural que nos ofrece o Monte dos Remedios.

Cando nace a Milla da Curuxa establécense varios percorridos alternativos para evitar a monotonía:

  • Percorrido principal: 1652 m. É o percorrido máis longo, que transcorre polos camiños principais do Monte dos Remedios, camiños anchos e bastante limpos.

  • Percorrido alternativo: cunha variante de 1500 m e outra de 1620 m. Ten tramos de sendeiros, máis estreitos e menos limpos, pois non son utilizados con moita frecuencia polos veciños. Adéntrase no monte e ofrece un contacto máis directo coa vexetación. Ofrece dúas variantes porque despois dos sendeiros volve enlazar co percorrido principal, polo que se pode optar por volver polo camiño máis longo ou polo máis curto.

  • Percorrido con subida á capela: 1440 m. É o percorrido máis curto, pero hai que subir o camiño que leva á capela que ten unha pendente de bastante dificultade. Unha vez arriba rodéase a capela e báixase un tramo de 100 m pola estrada ata as primeiras casas. Este tramo apenas é transitado por vehículos porque únicamente dá aceso á capela, que durante o ano ten o portal pechado. Despois vólvese outra vez por camiños ata enlazar coa parte final do percorrido principal.