Obxectivos 2016-2017

  • Integrar a filosofía do programa dentro do proxecto educativo.
  • Incrementar a carga real de actividade física diaria realizada polo alumnado dentro do horario lectivo.
  • Ordenar as posibilidades ao alcance do centro educativo para fomentar na comunidade educativa a necesidade de levar unha vida activa.
  • Mellorar o equipamento deportivo do centro para ofrecer un maior número de alternativas para a práctica de actividade física nos tempos de lecer.
  • Aumentar a cantidade material deportivo a disposición do alumnado durante os tempos de lecer.
  • Asesorar á comunidade educativa de como incorporar, no seu día a día, tanto no horario lectivo coma no non lectivo, actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de vida saudable.
  • Valorar a condición física para a saúde do alumnado, como método de avaliación e seguimento das accións propostas dentro do programa, tanto neste curso escolar como nos vindeiros anos.
  • Dar a coñecer á comunidade educativa, a través dun blog, todas as accións que se realizan no marco da participación neste programa, e como medio dinamizador dos obxectivos do mesmo.
  • Adquirir a necesidade, por parte do alumnado, de levar una vida activa e saudable, sendo conscientes dos beneficios / prexuízos dunha vida activa / sedentaria.
  • Coñecer todos os recursos existentes na súa contorna para levar una vida activa e saudable.
  • Potenciar no profesorado o traballo en equipo e a iniciativa persoal, coordinada co profesorado e integrando a participación da comunidade escolar e local no desenvolvemento do proxecto.
  • Incentivar a autonomía persoal do alumnado dentro do proxecto, facéndoo partícipe nas tomas de decisións para levar a cabo as distintas actuacións e actividades propostas.
  • Difundir información sobre vida activa e saudable.
  • Implicar os distintos axentes sociais (familias, técnicos municipais, policía local, asociacionismo, colectivos de usuarios...) na promoción dun estilo de vida activo.