Coñece o meu club

Con este programa preténdese facilitar aos escolares o coñecemento dos recursos deportivos dispoñibles na súa poboación, ofrecéndolles así unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre que lles axude na consecución de hábitos activos e saudables e fomentar a práctica da actividade física entre a nosa poboación escolar. O obxectivo é poñer así en mans dos nosos alumnos e alumnas a maior cantidade de recursos posibles, que lles axuden na consecución de hábitos cada vez máis activos e saudables.

Os técnicos do club visitarán os centros escolares para facer unha presentación práctica e lúdica do seu deporte, tamén explicarán o funcionamento do club (localización, horarios de adestramento, competicións) e invitarán aos escolares a compartir un dos seus adestramentos. Crearase así un vínculo importante entre o centro escolar e o club da localidade.