A través do obxectivo

Neste espazo irase descubrindo o percorrido da milla a través da mirada do noso alumnado, que cunha cámara fotográfica irá recollendo distintas imaxes baixo criterios establecidos con anterioridade.

Establecerase unha quenda entre os nenos e nenas para seren portadores da cámara e daránselle unhas directrices sobre o que retratar (unha cor, un vexetal, un insecto, etc.). Durante o percorrido diario da nosa milla da curuxa irán descubrindo novas sensacións a través do obxectivo.