O sabor da aventura está no mar

A campaña O sabor da aventura está no mar ten o dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da nosa Comunidade, e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias dándolles a probar nos comedores dos centros educativos diferentes pratos elaborados con peixe e marisco. Os seus destinatarios son os escolares de Educación Primaria e os seus maestros.

Artéllase en torno á realización de obradoiros de consumo, en forma de pequeno teatro nos propios centros educativos, e apóiase na edición de tres unidades didácticas (unha por cada ciclo de Primaria) e na dispoñibilidade doutros materiais a través da páxina web.

Obxectivos
  • Fomentar o consumo de peixe entre o alumnado de educación primaria
  • Familiarizar ao alumnado co mundo da pesca
  • Transmitir aos escolares a importancia do peixe e marisco na dieta
  • Coñecer as diferentes especies.



Ningún comentario:

Publicar un comentario