DAFIS

DAFIS (Datos da Actividade Física Saudable - Valoración da Condición Física para a Saúde), é unha ferramenta elaborada ao abeiro do Plan Galicia Saudable, promovido pola Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte, para facilitarlles aos profesionais do ámbito da actividade física e do deporte a valoración da condición física dos seus alumnos/as, deportistas e da cidadanía en xeral, que participa de iniciativas vinculadas á práctica de actividade física e deporte.

Galicia Saudable, no marco do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, está implementando programas educativos, entre os que está DAFIS, entre o alumnado galego co obxectivo de fomentar que adquiran e consoliden unha vida activa e saudable.

Obxectivos
  • Establecer unha metodoloxía común de implantación dos protocolos de valoración da condición física para a saúde nos centros educativos e a súa relación co Proxecto Deportivo de Centro.
  • Valorar a condición física para a saúde do alumnado, analizando e compartindo os datos resultantes destes.
  • Facilitar a adquisición das competencias e os coñecementos relacionados coa Educación para a Saúde, dun xeito más innovador e dinámico.
  • Asegurar, a través da programación de actividades físicas complementarias que o alumnado incremente a cantidade diaria de actividade física de calidade dentro do currículo, cumprindo así os obxectivos mínimos propostos pola OMS, a UE e os gobernos do Estado e galego.