Aliméntate ben

Aliméntate ben é un programa promovido pola Consellería do Mar e pola Consellería do Medio Rural, dentro das modalidades do Plan Proxecta. Pretende fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando productos de calidade que garantan unha alimentación e desenvolvemento axeitado.

O programa aproxima aos nenos e nenas ao medio rural e mariño, co obxectivo de potenciar o consumo dos seus productos entre o alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leva a cabo accións educativas diversas, destinadas a manter e fomentar nas escolas hábitos de consumo saudables. O alumnado pode experimentar, observar e chegar a descubrir as súas características e propiedades tan necesarias para nós.

Contempla catro modalidades de participación:
  • Froita na escola. Esta modalidade ten por obxecto o fomento do consumo de froita entre o alumnado de 3 a 16 anos de centros escolares. Nesta modalidade ofrécese froita fresca fresca gratuíta a través da convocatoria do FOGGA.
  • Lácteos na escola. Esta modalidade ten por obxecto o fomento do consumo de produtos lácteos. Nesta modalidade ofrécese leite e produtos lácteos a prezo reducido a través da convocatoria do FOGGA.
  • Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar). Esta modalidade pretende dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas do mar, incidindo así en hábitos de consumo alimentarios saudables.
  • O sabor da aventura está no mar. Esta campaña ten o dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e os nenos galegos, e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias.