Programación PEVS 4º E.P.

A programación de Promoción de Estilos de Vida Saudables, para o 4º curso, articúlase en torno aos seguintes contidos:

Bloque 1: Actividade Física e Saúde.
  • Actividade física como hábito de vida saudable: como, cando, onde, canta e por que.
  • Avaliación e análise da postura, da composición corporal e da actividade física saudable realizada.

Bloque 2: Alimentación para a Saúde.
  • Alimentación como hábito de vida saudable. Beneficios e riscos para a saúde derivados da dieta. Modelos de dieta atlántica e mediterránea como patróns alimentarios saudables.
  • Inxestión alimentaria e hidratación segundo as recomendacións saudables máis adecuadas á súa idade, o seu sexo e a súa actividade física diaria.