Froita na escola

A modalidade Froita na escola consiste no reparto de froita fresca ao alumnado de 3 a 16 anos de centros públicos e concertados.

É unha axuda que ten por obxecto a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares. A axuda está destinada ás nenas e aos nenos que asistan regularmente aos centros escolares administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes, que pertenzan aos seguintes niveis de ensino:
  • Segundo ciclo de educación infantil.
  • Educación primaria
  • Educación secundaria obrigatoria.